lunes, 7 de diciembre de 2015

Boas, rapaces e rapazas:

          Como a meirande parte de vós non me coñecedes, considero que debo presentarme.

          Eu chámome Semana da Educación e son un evento que vai ter lugar dende o 25 ao 28 de Xaneiro de 2016, polo que, nestes momentos, aínda me atopo en construción. A pesares disto, podo ir adiantándovos algunhas cousas. Vou ter lugar, como vos dixen antes, do 25 ao 28 de Xaneiro, e preguntarédesvos onde, claro... Pois voume pór en marcha en ambo-lo dous edificios da Facultade de Ciencias da Educación. (Para os que non souberades que había dous ou si o sabedes, pero non os situades xeograficamente, xa o soluciono eu:

          -Edificio da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte (Titulacións de Maxisterio e Educación Infantil)
          -Edifición da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur (Titulacións de Educación Social e Pedagoxía).

*Se clicades sobre os enlaces anteriores, móstrasevos a dirección de cada un dos centros en Google Maps.


          Agora que xa sabedes onde e cando vou ter lugar, quérovos contar quén son eu.
          Nacín fai algún tempo como unha iniciativa por parte de docentes da propia Facultade de Ciencias da Educación e xa non son unha novata, senón que por motivos circunstanciais non volvín visitar a Facultade dende o 2011 e quero volver, TEÑO GAÑAS! Nestes momentos, estou a ser construída por parte dun equipo de traballo conformado por alumnos e alumnas das catro titulacións da Facultade, entre os que hai algúns representantes, conformado tamén por algúns mestres e mestras. O equipo está a ser cordinado por Martín Leránoz (Vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación). Este equipo tivo dúas reunións para falar sobre min, a miña organización, de que vou estar composta, en que espazos é posible que se desenvolvan as actividades que me van conformar e un longo etcétera.
          Polo de agora, non podo contarvos moitas máis cousas sobre min, pero se queredes saber o que vai acontecendo, formar parte da miña organización ou ver como se está a desenvolver o plan que me rodea, podedes contactar con calquera dos integrantes do actual grupo de traballo (polo que eu sei, calquera é benvido).
          Espero que vos animedes a participar!

AH! POR CERTO, NON MARCHEDES, NON! QUE XA ME ESQUECÍA! VAIA, QUE CABEZA A MIÑA... ESTE É O LOGO QUE ME VAI REPRESENTAR: